martes, 22 de octubre de 2013

Os tecidos e as súas funcións.

Un tecido é un conxunto de células similares e que se especializan na mesma función.

TIPOS DE TECIDOS:

-O tecido epitelial ou epitelio está formado por unha ou varias capas de células, que se dispoñen unhas ó lado doutras sen deixar espazos entre elas.
Funcións:
Recobre a superficie externa do corpo, e forma parte da pel.
Recobre o interior dos condutos e órganos ocos do corpo como os vasos sanguíneos e o estómago.
-O tecido muscular está formado por células con forma alongada, as fibras musculares. Estas fibras son contráctiles, isto é, ante un estímulo poden acurtarse.
Existen tres tipos de tecido muscular:
-Tecido muscular esquelético, que forma os músculos esqueléticos, que son os do aparto locomotor.
-Tecido muscular cardíaco, que forma o músculo do corazón chamado cardíaco ou miocardio.
-Tecido muscular liso, que forma os músculos das paredes de distintos órganos como vasos sanguíneos, tubo dixestivo, vexiga urinaria e uréteres, útero... Coñécense domo músculos lisos.
A contracción dos músculos esqueléticos é voluntaria e a dos músculos cardíaco e liso é involuntaria.
-O tecido nervioso está formado por neuronas e células da glía.
As neuronas son células que transmiten impulsos nerviosos, grazas as cales, podemos captar e responder aos estímulos, e controlar a actividade do organismo.
As células da glía son células que axudan ás neuronas, subministrándolles nutrientes ou defendéndoas de xermes e toxinas.
-O tecido conectivo está formado por células separadas por unha substancia intercelular denominada matriz.
Existen varios tipos de tecido conectivo:
-O tecido conxuntivo, que serve de recheo entre o resto dos tecidos.
-O tecido cartilaxinoso, que forma as cartílaxes que protexen aos ósos do rozamento nas articulacións.
-O tecido adiposo, que reserva graxas que constitúen unha reserva enerxética. Actúa como illante térmico e protexe a algúns órganos.
-O tecido óseo, que axuda a manter a postura, e é un reservatorio de calcio que protexe a algúns órganos.
-O tecido sanguíneo, que ten a función de transporte de todo tipo de substancias polo corpo, ademáis axuda a manter a temperatura corporal e ten función defensiva grazas ós glóbulos brancos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario