jueves, 24 de octubre de 2013

Os aditivos alimentarios.

-Os aditivos alimentarios son substancias que non forman parte en si mesma dos alimentos nin posúen valor nutritivo, pero que se engaden intencionadamente ós alimentos en cantidades mínimas para:

  • Mellorar caracertísticas como: cor, sabor, olor, textura...
  • Poder conservalas durante máis tempo.
-Tipos de aditivos:

  1. Colorantes.
  2. Conservantes.
  3. Antioxidantes.
  4. Edulcorantes.
  5. Potenciadores de sabor.
  6. Espesantes, estabilizantes e emulxentes.

A célula.

-A célula é a unidade anatómica e fisiolóxica dos seres vivos.

  • Unidade anatómica significa que todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.
  • Unidade fisiolóxica significa que as células realizan as tres funcións: nutrición, relación e reprodución.
-As células (humanas) son eucariotas e heterótrofas.

  • Eucariota significa que ten o seu material xenético aislado do resto do citoplasma por unha membrana, é dicir, ten un núcleo verdadeiro.
  • Heterótrofa significa que toma substancias nutritivas producidas por outras células e utilízaas para repoñer os seus compoñentes e obter a enerxía que necesita.
Por outro lado, as células procariotas teñen o material xenético incluído no citoplasma, é dicir, non teñen un núcleo verdadeiro; e as células autótrofas son quén de fabricar o seu alimento.

miércoles, 23 de octubre de 2013

A dieta.

-A dieta é a cantidad e o tipo de alimentos que consumimos diariamente.
-Pode ser saudable ou non. É saudable a dieta equilibrada: ''é a dieta que lle achega ó organismo a cantidade que necesita de enerxía e de cada un dos diferentes nutrientes''.
-Características dunha dieta equilibrada:

  • Ten que ser unha dieta mixta, variada.
  • Ten que proporcionar a enerxía que necesitamos. *
  • Debe distribuír a procedencia da enerxía:
  1. 55-60% debe proceder dos glícidos.
  2. 25-30% debe proceder das graxas.
  3. 10-15% debe proceder das proteínas.
  • As graxas deben proceder preferiblemente de vexetais e de peixes azuis, para non provocar un aumento de colesterol.
  • Non debe conter máis dun 40% de proteínas.
  • Debe incluír no menú diario froitas e verduras frescas.
  • Débese distribuír a inxesta de alimentos en al menos 4 tomas:
  1. O almorzo. (O almorzo ten un papel moi importante).
  2. A comida.
  3. A merenda.
  4. A cea.
  • O 60-70% da enerxía debe proceder das comidas da mañá, e o resto da tarde e a noite.
  • Debe incluír fibra vexetal.
*Gasto enerxético diario = TMB + enerxía das actividades diarias.
-TMB é a taxa de metabolismo basal. É a cantidade de enerxía que consumimos cando estamos en repouso absoluto. Invírtese en manter a circulación do sangue, os movementos respiratorios, o latexo cardíaco, o tono muscular etc.

Componentes dos alimentos.

Substancias que tras a dixestión proporcionan nutrientes:
  1. Polisacáridos (amidón ou glicóxeno).
  2. Graxa.
  3. Proteína.
Nutrientes obtidos destas substancias tras a súa dixestión:
  1. Monosacáridos.
  2. Glicerol e ácidos graxos.
  3. Aminoácidos.

Que tipos de nutrientes existen?

-Segundo a súa natureza química existen:
  • Nutrientes inorgánicos. Son a agua e os sales minerais.
  • Nutrientes orgánicos. Poden ser:
  1. Os monosacáridos, como a glicosa e frutosa, que obtemos tras a dixestión dos polisacáridos e que pertencen ó grupo dos glícidos.
  2. O glicerol e os ácidos graxos que obtemos tras a dixestión das graxas e que pertencen ó grupo dos lípidos.
  3. Os aminoácidos que obtemos tras a dixestión das proteínas.
  4. As vitaminas. Algunhas son lípidos e outras outro tipo de compostos.
-Segundo a súa función:
  • Enerxéticos.
  • Plásticos.
  • Reguladores.

Definición de nutriente.

Os nutrientes son as substancias obtidas tras a dixestión dos alimentos que chegan ás células e que son utilizadas por elas, no metabolismo, como fonte de materia (é dicir, para fabricar moléculas) e como fonte de enerxía (para realizar as súas funcións).

Definición de alimento e exemplos.

-Os alimentos son as substancias sólidas ou líquidas, de distinta orixe, transformadas ou non que inxerimos diariamente e que constitúen a nosa dieta.
  Os alimentos conteñen:
-Substancias que tras a dixestión proporcionan nutrientes (como as proteínas, as graxas e os polisacáridos).
-Substancias que son nutrientes e nos precisan ser dixeridas (auga, sales minerais).
-Substancias que o noso corpo non pode dixerir: é o que chamamos a ''fibra'' dos alimentos vexetais.
-Outras substancias (aditivos).

-Exemplos de aliimentos: froitas, ovos, leite, carne, pescado, diferentes bebidas (auga, zumes, cocacola...), verduras, etc.
-O alimento máis completo coñecido é o leite.

Segundo a función que cumpren nos seres vivos adoitan clasificarse en 3 grupos:
Alimentos enerxéticos, plásticos e reguladores.


Diferenzas entre alimentación e nutrición.

Alimentación:                                                       
-Proceso voluntario.                                                    
-Proceso consciente.                                                      
-Realízaa o aparato dixestivo.                                          
-Depende de factores económicos, culturais, sociais, crenzas relixiosas, do clima, etc.

Nutrición:
-Proceso involuntario.
-Proceso inconsciente.
-Participan os aparatos circulatorio, respiratorio, excretor e as células.
-Non depende deses factores.

Definición de alimentación e a nutrición.

A nutrición é o conxunto de procesos polos que, un ser vivo, obtén a materia e a enerxía que necesita para elaborar a súa propia materia e realizar as súas funcións vitais. As substancias sinxelas, a partir das cales as células dun organismo obteñen a materia e a enerxía que necesitan son os nutrientes. A etapa máis importante da nutrición é o metabolismo, que require ademais dos nutrientes a presenza de osíxeno.

A alimentación é o proceso polo cal os seres vivos consumimos alimentos, libremente escollidos, que constitúen a nosa dieta. Estes alimentos, unha vez dixeridos, nos aportan os nutrientes que as nosas células necesitan.

martes, 22 de octubre de 2013

Os órganos agrúpanse en aparatos e sistemas, pero cal é a diferencia entre ambos?

Un aparato está formado por órganos nos que non predomina ningún tecido.
Un sitema está formado por órganos nos que predomina algún tecido.

Que é un órgano?

Un órgano é unha estrutura formada por unha serie de tecidos que se agrupan para realizar unha función superior chamada acto.
Por exemplo, o corazón ten tecido epitelial, tecido muscular cardíaco, tecido conxuntivo e tecido nervioso; e a súa función, é dicir, o acto, é bombear o sangue.

Os tecidos e as súas funcións.

Un tecido é un conxunto de células similares e que se especializan na mesma función.

TIPOS DE TECIDOS:

-O tecido epitelial ou epitelio está formado por unha ou varias capas de células, que se dispoñen unhas ó lado doutras sen deixar espazos entre elas.
Funcións:
Recobre a superficie externa do corpo, e forma parte da pel.
Recobre o interior dos condutos e órganos ocos do corpo como os vasos sanguíneos e o estómago.
-O tecido muscular está formado por células con forma alongada, as fibras musculares. Estas fibras son contráctiles, isto é, ante un estímulo poden acurtarse.
Existen tres tipos de tecido muscular:
-Tecido muscular esquelético, que forma os músculos esqueléticos, que son os do aparto locomotor.
-Tecido muscular cardíaco, que forma o músculo do corazón chamado cardíaco ou miocardio.
-Tecido muscular liso, que forma os músculos das paredes de distintos órganos como vasos sanguíneos, tubo dixestivo, vexiga urinaria e uréteres, útero... Coñécense domo músculos lisos.
A contracción dos músculos esqueléticos é voluntaria e a dos músculos cardíaco e liso é involuntaria.
-O tecido nervioso está formado por neuronas e células da glía.
As neuronas son células que transmiten impulsos nerviosos, grazas as cales, podemos captar e responder aos estímulos, e controlar a actividade do organismo.
As células da glía son células que axudan ás neuronas, subministrándolles nutrientes ou defendéndoas de xermes e toxinas.
-O tecido conectivo está formado por células separadas por unha substancia intercelular denominada matriz.
Existen varios tipos de tecido conectivo:
-O tecido conxuntivo, que serve de recheo entre o resto dos tecidos.
-O tecido cartilaxinoso, que forma as cartílaxes que protexen aos ósos do rozamento nas articulacións.
-O tecido adiposo, que reserva graxas que constitúen unha reserva enerxética. Actúa como illante térmico e protexe a algúns órganos.
-O tecido óseo, que axuda a manter a postura, e é un reservatorio de calcio que protexe a algúns órganos.
-O tecido sanguíneo, que ten a función de transporte de todo tipo de substancias polo corpo, ademáis axuda a manter a temperatura corporal e ten función defensiva grazas ós glóbulos brancos.


Os orgánulos e as súas funcións.

-Membrana plasmática: 
Transporte. Controla o intercambio de substancias entre a célula e o medio.
Relación. Detecta as variacións que se producen no medio no que vive a célula e responde a elas.
-Citosol:
Contén os orgánulos e nel ocorren moitas reaccións químicas vitais das células.
-Mitocondrias:
Respiración celular, é dicir, obtención de enerxía para a célula. Para isto, nelas quéimanse nutrientes en presenza de osíxeno e isto desprende dióxido de carbono.
-Ribosomas:
Fabrican proteínas.
-Retículo endoplasmático rugoso:
Completa a formación das proteínas formadas nos ribosomas que ten adosados, almacénaas e transpórtaas ó Aparato de Golgi.
-Retículo endoplasmático liso:
Sintetiza lípidos, almacénaos e transpórtaos cara ó Aparato de Golgi.
-Aparato de Golgi:
Secreción celular, é dicir, reúne substancias e, mediante as vesículas que emite, transpórtaas a outras partes da célula ou ó exterior celular.
Produce lisosomas.
-Vesículas de almacenamento ou vacúolos:
Almacenan diferentes tipos de substancias.
-Lisosomas:
Realizan a dixestión intracelular.
-Centríolos:
Dirixen a separación dos cromosomas durante a división celular.
Interveñen na formación de cilios e flaxelos.
-Citoesqueleto:
Dá forma á célula e sostén os orgánulos citoplasmáticos (é unha especie de esqueleto da célula).
Intervén nos movemento celulares.
-Membrana nuclear:
Limita ó núcleo e controla o intercambio de substancias entre o núcleo e o citoplasma.
-Nucléolo:
Nel se fabrican os ribosomas.
-Nucleoplasma:
Contén os orgánulos celulares.
Nel ocorren moitas reaccións químicas relacionadas co material xenético.
-Cromatina:
Dirixe o funcionamento celular.